Que grande medida, Depor! 👏
O RC Deportivo informa de que detectou a revenda de entradas e abonos para o encontro que enfrontará o primeiro equipo masculino co FC Barcelona o vindeiro 29 de novembro.
Unha vez identificados os abonados implicados, o Club xa procedeu a suspender os seus abonos para o citado partido e abrirá os correspondentes expedientes disciplinarios. Estes procedementos poderían concluír coa cancelación definitiva da súa condición de abonado, de acordo coa normativa aplicable.
Así mesmo, o Club advirte da circulación de entradas falsas para este encontro e lembra a todos os afeccionados a importancia de adquirilas exclusivamente a través das canles oficiais do RC Deportivo.
A compra de entradas en plataformas non autorizadas ou a particulares supón un risco de fraude e non garante o acceso ao estadio.
O Club continuará vixiando e actuando fronte a estas prácticas para protexer os seus abonados e garantir a seguridade no acceso ao estadio.
A facilidade com que, em geral, as pessoas de leste aprendem a falar português é assinalável. Sudakov não é exceção! 😊
114
2,137
















