
O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e dosdorei baixo o ceo azul de Bruxelas
Joined December 2020
- Tweets5K
- Following1.3K
- Followers3.3K
- Likes14.3K
Pinned Tweet
🚨🎙️Comezamos nova tempada na casa, cando menos nominalmente.
Imos á outra Galicia, hoxe dividida entre 🇵🇱 e 🇺🇦 pra falar dun país que xa non existe pero sobre o que moita xente ten e tivo nostalxia ó ser durante décadas un exemplo de convivencia étnica
ivoox.com/en/51-a-outra-gali…
Hai 180 anos desaparecía un miniestado: A Cidade Libre de Cracovia, xurdida tralas guerras napoleónicas e controlada por Prusia, 🇷🇺 e o Imp. dos Habsburgo.
Grazas a súa autonomía, Cracovia continuou a ser o centro do nacionalismo 🇵🇱 nun período no que a nación non tiña estado
De 1795 a 1918 non existiu estado 🇵🇱, porén a nación resistiu a represión cultural e os intentos de asimilación.
Esta resistencia foi a causa da desaparición da Cidade Libre de Cracovia, anexionada polo Imp. dos Habsburgo logo dunha rebelión nacionalista 🇵🇱 no 1846.
1
2
127
Da importancia de Cracovia e a súa universidade no fortalecemento do nacionalismo polaco no XIX e na relativa tolerancia e autonomía existente na Galicia austro-húngara até a IGM falamos neste podcast 👇
ivoox.com/en/51-a-outra-gali…
2
89
Hai 82 anos a URSS executaba a deportación dos turcos de Meskhetia a Asia Central.
Esta minoría duns 100K vivía na actual 🇬🇪 e foi expulsada das súas terras porque ó Kremlin non lle prestaba ter turcos nesa rexión de fronteira con 🇹🇷. Cando menos 12K morreron na deportación.
Hai 106 anos establecíase o Estado Libre de Rijeka (ou Fiume), unha solución acordada por 🇮🇹 e Iugoslavia co fin de rebaixar a tensión entre os estados e os paisanos da cidade que defendían a súa anexión a un ou outro país.
O Estado Libre de Rijeka tiña 28km2 e durou 3'5 anos.
Hoxe, en 1660 a monarquía hispánica e a francesa asinaban o tratado de Llívia co que a 1ª entregaba a 🇫🇷 33 aldeas no norte da comarca da Cerdanya.
Porén había unha excepción: Llívia, xa que Carlos I déralle o título de vila e o tratado só mencionaba a cesión de aldeas.
2
15
915
Debido a isto Llívia é hoxe un exclave 🇪🇸 rodeado de territorio 🇫🇷.
Pra solucionar este isolamento, as dúas coroas acordaron que a estrada entre Llívia e Puigcerdá fose de libre tránsito e que 🇫🇷 non establecese controis ou obstáculos como sinais de stop
go.ivoox.com/rf/131654434
1
164
Hoxe 🇵🇱 cumpre 108 anos logo dun "hiato" de máis dun século.
Ó pouco a nova 🇵🇱 tivo que loitar varias guerras pra manter a independencia e establecer as novas fronteiras contra:
- Rep. Popular de 🇺🇦 Occidental
- Checoslovaquia por Cieszyn
- 🇱🇹 por Vilnius
- A 🇷🇺 revolucionaria
A independencia 🇵🇱 chegaba canda o armisticio da IGM mais isto só supuxo a fin da violencia en Europa occidental, en Anatolia e o Cáucaso, e en Europa central e oriental houbo durante anos conflitos abertos entre diferentes nacións como consecuencia do esfarelamento dos imperios
Hoxe 🇵🇱 cumpre 108 anos logo dun "hiato" de máis dun século.
Ó pouco a nova 🇵🇱 tivo que loitar varias guerras pra manter a independencia e establecer as novas fronteiras contra:
- Rep. Popular de 🇺🇦 Occidental
- Checoslovaquia por Cieszyn
- 🇱🇹 por Vilnius
- A 🇷🇺 revolucionaria
2
269
🚨🎙️ Novo petisco pra fans sobre a
Op. Vístula, unha auténtica limpeza étnica realizada pola 🇵🇱 da postguerra no que 140K lemkos, carpato-rutenos dos vales do surleste polaco foron expulsados e diseminados polos novos territorios 🇵🇱 co fin de asimilalos
go.ivoox.com/rf/183497444
Hai 33 anos forzas bosnio-croatas destruían a fermosa ponte de Mostar🇧🇦, construída en 1566 en tempos de Sulimán o Magnífico.
A Corte Criminal Internacional para a ex-Iugoslavia xulgou os responsables deste acto.
A ponte foi reconstruída e aberta de novo en 2004.
Hai 64 anos establecíase en 🇧🇪 unha fronteira esencial pra comprender o país: a fronteira lingüística.
Divide 🇧🇪 en 3 anacos conforme a lingua maioritaria da poboación (francés, neerlandés, alemán) e a bilingüe Bruxelas.
A fronteira foi un gran éxito do nacionalismo flamenco.
E logo está o tema de Fourons/Voeren un exclave flamenco de 4000 habs que xenerou unha crise política nacional nos 80s cando os paisanos votaban maioritariamente nas eleccións locais a un partido que buscaba a unión a Valonia, cun alcalde José Happart que nin falaba neerlandés.
2
5
556
Bélxica, por certo está chea deste tipo de curiosidades e solucións sui generis
Disto todo falamos neste petisco lixeiro.
go.ivoox.com/rf/179603687
Tal día como hoxe, en 1659 asínabase a Paz dos Pirineos coa que remataba a guerra entre as coroas francesa e hispánica (1635-1659).
Con este acordo Catalunya ficaba dividida en 2 anacos coa anexión de Catalunya Nord con boa parte da Cerdanya (coa excepción de Llívia) a 🇫🇷.
Desde entón, esta rexión catalanófona forma parte do estado 🇫🇷, e nas últimas décadas o uso do catalán caeu rapidamente até ~25% da poboación
Pola contra a lingua ten bastante vitalidade aínda entre a comunidade xitana do país, uns 40.000.
youtu.be/nsJbuvNzeQQ?is=E463…


























