Concello de Neda (@concelloneda) header
Concello de Neda (@concelloneda) profile picture

Twitter oficial

Neda, Galicia
Joined July 2015
Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)Photo by Concello de Neda (@concelloneda)
📢Neda explorará nas súas XXI Xornadas literarias o fenómeno do “Galician noir”. O Concello adiantaba hoxe a programación da cita, que reunirá o 16 e 17 de abril, a algúns dos escritores e das escritoras de referencia da novela negra con sabor galego. acortar.link/VptRb3
139
🎭 #Neda fretará un bus para asistir o 26 de abril á representación de “Hamlet” no Salón Teatro (Santiago). Aberta a inscrición (5 euros) na biblioteca municipal. acortar.link/drJLJv
69
Neda vén de completar os trámites da adquisición da nave situada xunto ao espigón do Puntal. O galpón, que ata os anos setenta albergou unha carpintería de ribeira 🛥️, forma parte por fin do patrimonio municipal, un primeiro paso de cara a súa futura rehabilitación.
54
O Pleno do Concello de #Neda aproba demandar ás administracións autonómica e central a mellora do financiamento do servizo de axuda no fogar🏡🧓acortar.link/KHyfK0
40
📣O Concello de #Neda convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para nomear, de forma urxente, a un funcionario ou funcionaria interina para a praza de traballador social a tempo parcial 📑 acortar.link/jyt5qo
3
2
207
🎭Neda será escenario o vindeiro 9 de maio dun obradoiro intensivo de interpretación. O Concello abre inscricións para esta masterclass gratuíta, impartida polo actor dramaturgo Juan Anillo e polo experto en teatro clásico Nortan Palacio.
🤖 Made with AI
32
O salón de sesións da Casa consistorial de #Neda acollerá o luns, 30 de marzo, a partir das 12 h, sesión ordinaria do pleno do Concello. Unha convocatoria aberta á veciñanza, na que os concelleiros e concelleiras abordarán os asuntos que figuran na seguinte orde do día 👇
33
🗣#Neda vén de adherirse ao Convenio de colaboración entre Educación e a FEGAMP para o desenvolvemento da Rede de concellos contra o acoso escolar. A iniciativa xorde para reforzar a coordinación entre institucións na prevención e actuación ante casos de bullying e ciberacoso.
1
3
54
⌛️Última oportunidade para anotarse na “III Xuntanza de mulleres de #Neda”, que este domingo porá o broche de ouro no centro cívico á programación do #8M. Hoxe mércores, ás 14 h, pecharemos o prazo para apuntarse no Concello. O prezo da actividade é de 25 euros.
1
1
37
🙋‍♂️#Neda aumenta a súa poboación por segundo ano consecutivo, segundo acredita o INE, e avanza cara aos 5.000 habitantes acortar.link/RjPOeG
🤖 Made with AI
25
📣#Neda concorre, un ano máis, á convocatoria autonómica de subvencións para actuacións de mellora de infraestruturas turísticas. O proxecto, valorado en 28.737 € + IVE, permitiría a substitución das luminarias ornamentais do paseo marítimo, que se atopan en mal estado.
1
1
34
🪗A estrea de “Unha señora orquestra” colgou en #Neda o cartel de “non hai entradas”. A Casa da Cultura acollía o venres a presentación do espectáculo de música e humor de Ailén Kendelman. A proposta, que convenceu e mesmo fixo bailar ao público, chegou co apoio @DACCultura.
28
🥾Un total de 70 persoas sumáronse nesta solleira mañá de sábado a andaina saudable "Avanzando en igualdade", incluída polo Concello de #Neda na programación municipal do 8M.
1
1
30
👩‍🏫Alumnado de 3º e 4º do CEIP San Isidro participaba hoxe no obradoiro sobre estereotipos e roles de xénero, impulsado polo Concello, dentro da programación do 8M. O taller busca que identifiquen roles sexistas e reflexionen sobre modelos masculinos e femininos máis actuais.
1
38
⚽️Compartimos o calendario de partidos desta fin de semana da Liga Sénior Concello de #Neda. A cita co mellor fútbol sala de Ferrolterra, como sempre, este sábado no pavillón municipal Ale de Paz📍. Non faltedes!!
22
🪗Este venres, a partir das 20:30 h, estrea en primicia na Casa da Cultura de #Neda de “Unha señora orquestra”. Trátase dun espectáculo de teatro, humor e músicas do mundo con Ailén Kendelman, actriz, instrumentista e cofundadora da extinta compañía A Panadaría. Entrada: 2 €.
46
🗓️O Concello de Neda abre este venres o prazo de preinscrición para novo alumnado de cara ao curso 2026-2027 na escola infantil municipal. acortar.link/kEjQ1y
1
2
17
O Concello volverá contar co apoio da @Depucoruna para sufragar parte dos gastos do persoal do servizo de Cultura🤝. #Neda será no 2026 un dos 26 municipios que contará cunha axuda para cofinanciar a praza da técnica en animación sociocultural.🎭🎶📖. A achega será de 9.650 €.
47
🙋‍♂️Lembramos que hoxe remata o prazo para apuntarse na biblioteca municipal de #Neda (tlf.981390233) á andaina “Avanzando en igualdade”, incluída na programación do #8M. A ruta, de 7,43 Km e dificultade media, terá lugar este sábado, a partir das 10 horas, con saída de Albarón🚶‍♂️.
1
28
🎞️Compartimos “Abrindo camiños de igualdade”, peza audiovisual, impulsada polo Concello de Neda, con motivo do 8M, que recolle as vivencias, en clave de igualdade, de cinco mulleres traballadoras da nosa localidade. Tedes que velo! youtu.be/1Imzwj60bIE?si=HZAJ… a través de @YouTube
26