Xanela Aberta á Familia (@vida_saudable) header
Xanela Aberta á Familia (@vida_saudable) profile picture

Información e recursos sobre hábitos de vida saudables para toda a familia | Consellería de Sanidade Súmate á vida saudable!🩵

Galicia
Joined December 2011
🌡️ «Paréceme que teño febre». Para coñecer a temperatura, utiliza un termómetro: tocar a fronte non substitúe unha medición. Le as instrucións do dispositivo, colócao na zona indicada e respecta o tempo necesario. Ao rematar, límpao seguindo as recomendacións do fabricante.
1
21
Se tes dúbidas sobre o seu uso ou sobre o resultado, consulta co persoal sanitario.
9
🚶 Ir a pé facer un recado, subir escaleiras ou bailar mentres recolles a casa tamén son formas de moverte.
1
14
A actividade física pode formar parte da túa rutina en moitos momentos, ademais do tempo que dediques a facer exercicio. Busca ocasións para incorporar movemento ao día, segundo as túas posibilidades.
6
🪟 Co frío apetece deixar as fiestras pechadas, pero renovar o aire da casa segue sendo importante.
1
7
Cociñar, ducharnos e outras actividades cotiás xeran humidade e poden favorecer a acumulación de contaminantes no interior. Ventila os espazos e facilita a circulación do aire cando sexa posible. Presta especial atención á cociña e baño e mantén libres as reixas de ventilación.
2
🌰 O cheiro das castañas asadas anuncia un dos momentos máis especiais do outono.
1
22
Ademais de formar parte dos nosos magostos, as castañas achegan hidratos de carbono e fibra e poden incorporarse a diferentes preparacións. Asadas, cocidas, nunha crema ou como acompañamento dun guiso… hai máis dunha forma de gozar delas. Como as preparas na casa?
10
Xanela Aberta á Familia retweeted
🫁 A pneumonía pode aparecer como complicación de infeccións respiratorias como a gripe 🔹 A vacinación, o lavado frecuente das mans e a ventilación dos espazos pechados axudan a previr a gripe e reducir o risco das súas complicacións 🔗 sergas.gal/gripe
2
147
Xanela Aberta á Familia retweeted
15 minutos da túa vida poden supoñer anos para outras persoas Se podes, doa sangue! ❤️Grazas — 15 minutos de tu vida pueden suponer años para otras personas Si puedes, ¡dona sangre! ❤️Gracias
1
1
3
168
💻 Pechas o ordenador, pero segues pensando no traballo?
1
28
Crear unha transición ao rematar a xornada pode axudarche a dar paso ao teu tempo persoal. Deixa anotado o pendente para mañá e pecha as ferramentas de traballo. Despois, busca un xesto que marque o cambio: saír pasear, cambiar de roupa ou dedicar un intre a algo que che guste.
6
🥗 «Non teño nada para cear». Seguro que o pensaches algunha vez diante da neveira.
1
22
Antes de decidir, revisa o que tes. Podes preparar unha cea sinxela combinando verduras con alimentos como legumes cocidos ou ovos e acompañalos, por exemplo, de pataca, arroz ou pan integral.
1
9
Non sempre fai falta seguir unha receita: combinar os alimentos dispoñibles tamén pode resolver a comida. Que combinación che saca dun apuro?
7
🏠 Cando foi a última vez que revisaches o botiquín da casa?
1
17
Comproba as caducidades e as condicións de conservación, revisa os envases abertos e separa os medicamentos que xa non necesitas. Non reutilices tratamentos antigos pola túa conta.
1
11
💊 Os medicamentos caducados ou en desuso e os seus envases deben levarse ao Punto SIGRE da farmacia. O material de cura, como gasas ou vendas, non se deposita nel. Reserva uns minutos para poñelo ao día e consulta na farmacia se tes dúbidas.
9
🎧 A túa canción favorita merece unha boa escoita. Os teus oídos, tamén.
1
10
Cando uses auriculares, presta atención ao volume e ao tempo con eles. Baixar a intensidade e facer pausas son hábitos para coidar a audición. Se despois notas zunidos ou sensación de oído tapado, non o ignores. Se as molestias persisten, consulta cun profesional sanitario.
9